Se atopa algún problema en Ubuntu, pode enviarnos un informe de fallo.
Escriba
Se ten algún problema co hardware ou non sabe o nome do programa afectado, escriba ubuntu-bug
Se
Despois de executar algunha das ordes anteriores, Ubuntu recopilará información sobre o fallo. Este proceso pode levar uns minutos. Se o desexa, revise a información recollida. Prema
Abrirase unha nova lapela do navegador web para continuar procesando os datos do fallo. Ubuntu usa o sitio web
Despois de acceder a Launchpad, introduza unha breve descrición do problema no campo «Summary».
Despois de premer
Encha o campo da descrición coa máxima información posíbel. É importante que especifique tres cousas:
Que agardaba que ocorrese
Que ocorreu realmente
Se é posíbel, informe do número mínimo de pasos necesarios para reproducilo, o paso 1 sería «Iniciar o programa»
O seu informe obterá un número de ID, e o seu estado actualizarase a medida que avance a resolución. Grazas por axudar a mellorar Ubuntu.
Se recibe o erro «Este non é un paquete xenuino de Ubuntu», significa que o software sobre o que está informando non está nos repositorios oficiais de Ubuntu. Neste caso, non debe usar a ferramenta integrada de Ubuntu para comunicar fallos.
Para máis información sobre a comunicación de fallos en Ubuntu, lea a ampla documentación en liña.